|
Finaliza o curso de operacións básicas de pisos e aloxamentos.
Mércores, 14 de decembro de 2011
A Concelleira de Emprego e RRHH do Concello de Ferrol pecha hoxe día 14 de decembro de 2011 o curso de Operacións Básicas de Pisos e Aloxamentos
O día 29/09/2010, quince desempregados/as comezaron este curso pertencente ao Plan AFD da Xunta de Galicia. Este curso de case 400hrs de duración, e que finaliza, o este mércores 14 de decembro, se desenvolveu no Centro de Emprego tanto na fase teórica como na fase de formación transversal.
O curso incluíu prácticas non laborais en empresas e entidades colaboradoras do Concello: Carrís Hoteles (Hotel Almirante), Hesperia Ferrol, Husa Odeón e a residencia Euxa Narón.
Das 15 persoas que iniciaron a acción formativa, 13 o fixeron con aproveitamento, polo que terán a posibilidade de solicitar á súa finalización o correspondente certificado de profesionalidade.
|
|