|
Seminario Internet como ferramenta para a inserción laboral no Centro de Emprego.
PRAZAS CUBERTAS
Venres, 18 de novembro de 2011
Está dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en utilizar a rede Internet na súa procura activa e eficiente de emprego.
O programa Ferrol, punto de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Concello de Ferrol, organiza, para o día 1 de decembro, un seminario denominado Internet como ferramenta para a inserción laboral. Está dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en utilizar a rede Internet na súa procura activa e eficiente de emprego. Os contidos deste seminario son os seguintes:
- As ferramentas fundamentais para a procura de emprego (a carta de presentación en Internet, a axenda).
- Internet como recurso para a procura de emprego (portais de emprego privados e de administracións públicas, web de empresas, ETT, empresas de selección, as Redes sociais,...).
- Internet como recurso para a formación.
- O teletraballo coma opción.
O seminario realizarase na aula de informática do Centro de Emprego do Concello de Ferrol (rúa Sagrada Familia, 56), en horario de 09:30 a 13:30 horas. As persoas interesadas deberán ter uns coñecementos de informática a nivel de usuaria/o e enviar a súa solicitude de participación ao correo electrónico tutorfse@ferrol.es xuntando o formulario que poderán atopar na páxina web do Concello (http://www.ferrol.es/emprego/). As prazas son limitadas e serán cubertas por estrita orde de inscrición.
Realizarase unha segunda edición o día 2 de decembro.
DESCARGAR FICHA
|
|