Obradoiro Informativo: EXPEDIENT-E, novo sistema de inscrición nas listas de contratación do SERGAS

Mércores, 19 de outubro de 2011
O Centro de Emprego do Concello de Ferrol celebrou o día 19 de Outubro un seminario informativo sobre o novo sistema de inscrición nas listaxes de contratación temporal do SERGAS.

Con este obradoiro o Servizo de Información e Orientación do Concello de Ferrol, que está financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, pretende achegar a todas as persoas interesadas o procedemento a seguir para rexistrarse na aplicación EXPEDIENT-E.
Este rexistro é requisito imprescindible para poder posteriormente inscribirse nas listaxes de contratación do SERGAS, que está previsto que abran no mes de outubro.



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego