|
Inicio das prácticas do curso de xestores/as da innovación
Mércores, 2 de febreiro de 2011
O pasado día 1 de febreiro tivo lugar a sinatura de protocolos de colaboración entre o Concello de Ferrol e 12 empresas da comarca para o inicio das prácticas do curso de xestor de innovación.
Dentro dun programa máis amplo de fomento da innovación empresarial, o proxecto “Capacitación do capital humano para a innovación” cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo, o Concello de Ferrol realizou o curso de Xestor/a de Innovación, de 150 horas de duración, de cara a capacitar a titulados universitarios no ámbito da xestión da innovación na empresa. Esta acción formativa se rematou en decembro de 2010 e estivo complementada con visitas a centros tecnolóxicos e a empresas, e cun proxecto fin de curso.
Os axentes de innovación aparecen como dinamizadores, titores tecnolóxicos ou mediadores nos procesos de innovación. Unha novidosa profesión orientada a dar solución á demanda de técnicos de xestión de procesos e proxectos de innovación por parte das empresas.
A fase de práctica en empresa, á que aceden 12 dos 15 alumnos (2 traballan e 1 continúa coa súa formación) contou cunha resposta moi positiva por parte das empresas, de xeito que máis de 30 empresas mostraron interese por participar na mesma, o que fixo moi complexa a selección final de empresa/bolseiros, que se realizou tratando de combinar os perfís formativos do alumnado coas necesidades das empresas. Esta fase de práctica ten unha duración de catro meses nos que os alumnos/as, que percibirán unha bolsa, desenvolverán unha práctica formativa dentro da propia estrutura das empresas colaborando no desenvolvemento de proxectos innovadores dentro das mesmas, e poñendo en práctica os coñecementos adquiridos no curso de xestores da innovación.
As empresas participantes son as seguintes:
- Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L.
- PILOTO ASESORIA DO PORTO, S.L.
- MEDISNORTE, S.L.
- GT MOTIVE EINSA SAU
- ROALGA GESTIÓN DE RIESGOS S.L.U.
- 3.14 FINANCIAL CONTENTS, S.L.
- MERCEDES BANDA PEDREIRO, S.L.
- FLUE, S.L.
- GRUPO TECNOLÓGICO ARTABRIA, S.L.
- FERORSA PROYECTOS Y OBRAS, S.L.
- AXOCA, GRUPO DE INSPECCIÓN Y CONTROL DE SEGURIDAD INDUSTRIAL,S.L.
- ELECTROSHIPS GALICIA, S.L.
|
|