Dirixido a profesionais das áreas de inclusión social, servizos sociais, e emprego, o seminario é gratuito pero ten un límite de 15 prazas.
Este seminario busca aportar os coñecementos básicos sobre os aspectos de caráter técnico e procedimental relacionados coas empresas de inserción.
Ten como obxectivos:
- sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia,
- facilitar a relación dos técnicos/as de inclusión social, servizos sociais e emprego coas empresas de inserción laboral e coas súas entidades promotoras,
- unificar criterios e procedementos no análise e acreditación das situacións de exclusión social determinantes da incorporación a unha empresa de inserción laboral,
- apoiar a creación de novas empresas de inserción en Galicia.
Máis información e inscricións:
Centro de Emprego
Concello de Ferrol
emprego@ferrol.es
981944195