Financiamento Ético e Solidario de Base Cooperativa: Ferramenta para o Desenvolvemento Local.

Mércores, 13 de outubro de 2010
Realizado o xoves 21 de outubro en horario de 17,00 a 20,30, coa colaboración de: AES Briante, Federación de Cooperativas SINERXIA, Coop57 SCCL – Servizos Éticos e Solidarios, e o Proxecto Fiare, así como o cofinanciamento da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Esta actividade tivo como obxectivos: Divulgar a fórmula cooperativa como medio para canalizar o aforro e o financiamento baixo principios éticos e solidarios; dar a coñecer as experiencias activas en Galicia de financiamento baixo fórmulas de economía social e dos principios das finanzas éticas; e reflexionar sobre as potencialidades destas experiencias como medios para o desenvolvemento local baixo fórmulas de economía social no ámbito de Ferrolterra.

O seminario estivo dirixido a toda a poboación de Ferrol e comarca, e moi especialmente ao tecido social e produtivo da comarca de Ferrolterra organizado baixo fórmulas de economía social e solidaria (cooperativas; asociacións; sociedades laborais; ...); ao persoal técnico e representantes das Administracións Públicas municipal e comarcal relacionadas con políticas de desenvolvemento local; ao tecido educativo de ensino medio e universitario da comarca; e a potenciais promotoras de proxectos de autoemprego baixo fórmulas de economía social e solidaria.

Programación

  • 17,00 h Presentación da sesión
  • 17,10 h Taller práctico : A fórmula Cooperativa como ferramenta para a canalización do financiamento baixo principios éticos e solidarios. Manuel Rivera - AES Briante.
    (Documento en pdf
  • 18,40 h Pausa
  • 18,55 h Mesa - Coloquio de Experiencias de Financiamento Ético de Base Cooperativa en Galicia
    - Coop57. Ramón Carmelo Rodríguez. (Documento en pdf)
    - Fiare. Paula Lubian (Documento en pdf)
  • 20,20 h Avaliación da actividade
  • 20,30 h Remate

As persoas participantes recibiron un CD co seguinte material:

1 Presentación da Xornada .
2 Actividades prácticas.
3 Cooperativas e Economía Solidaria
 3.1 Memoria Ciclo de Xornadas de Promoción do cooperativismo de Consumo de Galiza
 3.2 Cooperativismo como fórmula de Autoemprego: Outra forma de Emprender
 3.3 Cooperativas de Consumo
 3.4 Economía solidaria : Definición, Potencialidades e desafíos
 3.5 Cooperativas de Galicia Informe de Síntese 2007
 3.6 Emprende en Cooperativa: Manual para constituír cooperativas de traballo asociado.
4 Funcionamento e Organización Cooperativa.
 4.1 Asembleas e Xuntanzas: Metodoloxía de reunión.
 4.2 Habilidades sociais en Cooperativas.
 4.3 Manual de promoción do acceso das mulleres á dirección nas cooperativas
 4.4 Manual de formación para socios/as de Cooperativas de traballo asociado.
5 Creación dunha empresa cooperativa. Plano de Empresa.
 5.1 Guión abreviado de plano de empresa.
 5.2 Manual para a posta en marcha dun proxecto de autoemprego cooperativo.
 5.3 Esquema da contabilidade cooperativas
 5.4 Interpretación de Estados financeiros para cooperativas de traballo asociado.
6 Presentación das asociacións de Cooperativas: Ugacota; Sinerxia; Ucetag; Ugamar
7 Financiamento ético cooperativo.
 7.1 As finanzas éticas e solidarias: Para sabermos e decidirmos o destino do noso diñeiro
 7.2 Coop57: Servizos financeiros éticos e solidarios
  7.2.1 Presentación
  7.2.2 Boletín Informativo
  7.2.3 Dossier Informativo
  7.2.4 Servizos financeiros
 7.3 FIARE
  7.3.1 Presentación
  7.3.2 Trípticos informativos.


Banner xunta


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego