O Servizo de Información e Orientación Laboral do Concello de Ferrol organiza un “Obradoiro para a busca activa de emprego” o 31/03/2010

Luns, 8 de marzo de 2010
Debido ás constantes variacións da demografía empresarial faise imprescindible coñecer e manexar as distintas ferramentas que nos permiten atopar emprego. Un bo curriculum e unha boa carta de presentación poden ser factores decisivos na valoración dos candidatos ou candidatas que opten a un posto de traballo.

Con este obradoiro preténdese facer fincapé na importancia do deseño e contido destes dous documentos que supoñen a primeira toma de contacto coa empresa. Algúns dos contidos a tratar serán: 

  • Recompilación da información para a posterior elaboración do seu curriculum. 
  • Deseño de contidos e posta en valor de información relevante. 
  • A carta de presentación (motivacións, aptitudes e actitudes, inquedanzas profesionais e mostra do coñecemento da empresa á que se dirixe). 
  • Consellos a ter en conta na elaboración tanto do curriculum como da carta de presentación. 
  • Crenzas erróneas que se deben evitar.

A data prevista para a impartición deste obradoiro será o mércores 31 de marzo do 2010 en horario de 10:00 a 14: 00 horas.

Tamén está previsto a realización doutros dous obradoiros onde se tratarán aspectos relacionados coa “Preparación de procesos de selección” e “Recursos para a busca de emprego e formación a través da Rede” e celebraranse o 14 de abril e o 12 de maio respectivamente.

Todas aquelas persoas interesadas na realización de calquera destes obradoiros poden inscribirse ben chamando por teléfono ó 981 944 195, achegándose ó Centro de Emprego situado na Rúa Sagrada Familia nº 56 ou enviando un correo electrónico a calquera destes enderezos:
orientacion@ferrol.es
info.laboral@ferrol.es



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego