MÁIS INFORMACIÓN

1. Que é Ferrol Decide?

Un espazo de participación aberto para unha construcción colectiva da cidade que ten os seguintes obxectivos:

  • Contar coa cidadanía na toma de decisións sobre as actuacións municipais máis relevantes.
  • Dispor de enquisas de opinión online sobre temas de actualidade da cidade.
  • Achegar propostas para a mellora da cidade.
  • Comentar, debater e apoiar as propostas cidadás que sexan de maior interés ou acaden un maior consenso.

O contexto político, económico e social no que vivimos amosan a necesidade de contar coa cidadanía na toma de decisións sobre as actuacións municipais.

A toma de decisións mediante un consenso o mais amplo posible e a implicación e participación directa da cidadanía na elaboración das políticas públicas constitúen unha ferramenta de mellora da democracia participata no Concello de Ferrol.

Por todo isto créase o espazo Ferrol Decide.

2. Cales son os pilares deste espazo participativo?

  • a. Que sexa un espazo aberto e transparente.
  • b. Que permita facer un seguimento da evolución das actuacións e políticas municipais.
  • c. Que as decisións sobre as actuacións e políticas municipais sexa colectiva.
  • d. Avaliación e retorno da información.

3. Que criterios se empregan para avaliar as propostas cidadás?

  • a. A súa viabilidade xurídica, orzamentaria e técnica.
  • b. Que corresponda unha competencia municipal.
  • c. Que non sexan contrarias ao ben común.

4. Son vinculantes as propostas que se debatan neste espazo?

Non son vinculantes, pois precisan da aprobación do órgano competente e dun consenso político suficiente.

5. Como podo participar en Ferrol Decide?

Pódese participar dun doble xeito:

I. A través da web na plataforma “Ferrol Decide”

O proceso para poder participar neste espazo conleva como requisito previo que as persoas interesadas deben rexistrarse previamente cubrindo a “Ficha de datos da cidadanía interesada en intervir nos procesos participativos do Concello de Ferrol” ao que podedes acceder a través do seguinte enlace.

II. Eventos presenciais

Xornadas, debates, encontros no espazo público en especial a través das Asembleas de Barrio e outras citas presenciais a partir de espazos de deliberación conxunta e de construccións colectiva. Con prazos taxados para a recollida das propostas.

6. Cáles son as fases deste proceso participativo?

Este proceso ten basicamente tres fases ou etapas:

  • Elaboración e presentación das propostas a debater na plataforma "Ferrol decide", ben as presentadas directamente polo Goberno municipal ou as achegadas pola cidadanía.
  • Apertura da fase propiamente participativa ben a través da web ou en combinación con eventos presenciais.
  • Avaliación das suxestións ou propostas recollidas para a súa inclusión na proposta inicial presentada polo Goberno municipal ou pola cidadanía de cara a acadar a proposta definitiva que se someterá á aprobación do órgano competente.

7. Que podo facer a través do espazo Ferrol Decide.

a. Participar:

  • Facer novas propostas para a cidade.
  • Comentar as propostas existentes tanto do Concello como da cidadanía.
  • Apoiar as propostas.
  • Debater sobre as propostas.

b. Informarme de:

  • Propostas presentadas no espazo "Ferrol decide".
  • Coñocer as datas e lugares dos eventos presenciais.
  • Coñocer os debates e evolución das propostas.

8. Quen pode achegar propostas ao espazo Ferrol Decide?

Calquera persoas maior de 16 anos que figure empadroada no Concello poderá achegar propostas e apoiar aquelas que sexan do seu interés de cara a enriquecer o debate sobre o modelo de cidade que queremos construir entre toda a cidadanía.