Un espazo de participación aberto para unha construcción colectiva da cidade que ten os seguintes obxectivos:
O contexto político, económico e social no que vivimos amosan a necesidade de contar coa cidadanía na toma de decisións sobre as actuacións municipais.
A toma de decisións mediante un consenso o máis amplo posible e a implicación e participación directa da cidadanía na elaboración das políticas públicas constitúen unha ferramenta de mellora da democracia participata no Concello de Ferrol.
Por todo isto créase o espazo Ferrol Decide.
O proceso para poder participar neste espazo conleva como requisito previo que as persoas interesadas deben rexistrarse previamente cubrindo esta ficha.
Tras a comprobación dos datos por parte do Concello, enviaránse por correo electrónico as instruccións para activar o usuario para a web.
Unha vez creado o usuario e identificado na páxina poderá tomar parte nos procesos activos nese momento.
Consulta os resultados
Contamos contigo para que decidas como queres que sexa este novo espazo na túa cidade cumprimentando unha pequena enquisa.
Resultados da votación anteproxectos
Novas convocatorias de sesións.
Participa
Memoria do proceso.
Dispoñibles as actas das asembleas.