Coa finalidade de cumprir unha parte dos obxectivos da Biblioteca en canto a promoción do goce dos libros e a lectura así como o de facilitar ó acceso á cultura en xeral mentras continúe o estado de confinamento, presentámoslles unha selección de recursos web nos que poder descargar de forma gratuíta e legal libros electrónicos, así como ligazóns a diferentes opcións de eventos musicais, contacontos, cine, etc.

Libros electrónicos:

  • GaliciaLe. Plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Permite a a descarga, lectura na web ou a través de App. Pódese ver un video explicativo pulsando aquí
  • Ebibliodacoruna. Plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servicio para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña. Permite a descarga, lectura na web ou a través de App. Para darse de alta no servizo, pulsar aquí
  • Biblioteca Digital Mundial - UNESCO. Ofrece acceso gratuíto a manuscritos, libros raros, mapas, fotografías e outros importantes documentos de interese cultural de todos os países e as culturas do mundo nos seguintes idiomas: árabe, chinés, inglés, francés, portugués, ruso e español.
  • Open library. Proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Arquive e patrocinado parcialmente pola California State Library. É unha gran biblioteca dixital que orixinalmente foi desenvolvida para apoiar á comunidade de discapacitados visuais.
  • Project Gutenberg. Ofrece máis de 60.000 libros electrónicos libres de dereitos de autor e gratuitos para a lectura en internet ou descarga en diferentes formatos.
  • Biblioteca Dixital Hispánica. Portal libre e gratuíto dos documentos dixitalizados da Biblioteca Nacional de España
  • Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Ofrece acceso a libros electrónicos en español en dominio público, polo que poden ser reutilizados sen restricións. Atoparás documentos nas áreas de literatura, lingua, historia e literatura infantil e xuvenil entre outros
  • Galiciana. É a biblioteca dixital de Galicia xestionada pola Biblioteca de Galicia. A súa consulta libre e aberta en internet facilítalles ás persoas usuarias, en calquera momento e lugar, o acceso a fondos e coleccións bibliográficas de especial valor para Galicia

Contacontos:

Música:

  • Festival Eu quedo na casa. Festival musical integramente dixital impulsado por Warner Records.
  • Cuarentena Fest. Iniciativa posta en marcha por diferentes artistas independentes e selos de países de fala hispana con motivo da corentena.
  • My Opera Player. A Videoteca de My Opera Player ten dispoñibles baixo demanda ( VoD) obras gravadas en alta definición e contidos extra, que permitirán profundar no coñecemento das óperas. Nestes momentos ofrecen a posibilidade de rexistrarse de forma gratuíta a través do código OperaEnCasa.
  • Primavera Sound. Festival de música que se celebra en Barcelona. Recollen na súa web vídeos cos mellores momentos do festival desde o 2001.
  • Formigues Festival de Benicàssim. Festival de música familiar.
  • Ópera Metropolitana de Nova York. Todos os días durante o peche do Met debido á pandemia de coronavirus, estará dispoñible para transmisión gratuíta unha actuación completa das máis destacadas dos últimos 14 anos.

Cine:

  • Somos Cine RTVE. Catálogo de películas españolas recentes premiadas ou nomeadas aos Goya e cos directores e actores máis prestixiosos do noso país.

Museos. Visitas virtuais:

  • Museo do Prado. Coñecido oficialmente como Museo Nacional do Prado, é o principal museo nacional de arte española, situado no centro de Madrid, que alberga a colección máis completa de pintura española no mundo. Permite gozar de distintas experiencias: visita virtual, obras comentadas do Museo do Prado e as súas obras comentadas para público infantil.
  • The State Hermitage Museum. Situado en San Petesburgo, Rusia, é un dos maiores museos e pinacotecas de antigüidades do mundo.
  • Uffizzi Gallery. Un dos museos máis destacados do mundo, situado en Florencia, a súa colección renacentista italiana é inigualable.
  • Louvre Museum. Museo Nacional de Francia situado en París. É o museo de arte máis grande do mundo . Ofrece visitas virtuais de varias das súas exhibicións máis populares.
  • Museos Vaticanos. Situados en Cidade do Vaticano, ofrecen percorridos en 360° de varios museos ou estancias, incluído o impresionante teito da Capela Sixtina de Miguel Ángel.
  • Musée D' Orsay- París. Situado nunha antiga estación de ferrocarril de París, pode explorar en liña parte da súa colección: na súa maioría arte francés que data de mediados do século XIX e principios do XX.
  • Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Fundado a fins do século XIX, non só é o museo arqueolóxico máis grande de Grecia, senón que a súa colección de arte grega antiga considérase unha das máis importantes do mundo.
  • Pinacoteca de Brera – Milán. É a principal galería pública de pinturas en Milán. Contén unha das principais coleccións de pinturas italianas.
  • Museo da Acrópole de Atenas. É un dos principais museos arqueolóxicos de Atenas e é tamén considerado como un dos máis importantes do mundo.
  • Museo Nacional de Antropoloxía de México. Contén unha vasta colección de obxectos da era precolombina do México actual, así como do antigo territorio mexicano no suroeste dos EE.UU.
  • Museo Frida Kahlo. Percorrido polo Museo Frida Kahlo ou Casa Azul, lugar onde naceu, viviu e morreu Frida Kahlo.
  • British Museum. Museo público nacional situado en Londres. É o máis antigo do mundo. Os visitantes poden percorrer os corredores do museo, examinar as exhibicións e ver obxectos famosos como a rosa de pedra, as esculturas do Partenón e as momias exipcias.
  • Tate Modern – Londres. É coñecido pola súa colección de arte moderna e contemporánea que abarca desde 1900 ata a actualidade.
  • Museo Metropolitano de Nova York. Un dos museos de arte máis destacados do mundo, permite aos espectadores explorar algúns dos espazos icónicos do museo.
  • Galería Nacional de Arte Washington DC. Alberga máis de 124000 obras desde o Renacemento ata a actualidade de máis de 13000 artistas.
  • Museo Nacional de Arte Moderna e Contemporánea de Corea do Sur. Alberga arte moderna e contemporánea de Corea e arte internacional de diferentes períodos de tempo.
  • Museo Guggenheim Bilbao. Museo de arte contemporánea. É un dos museos pertencentes á Fundación Solomon R. Guggenheim.
  • Museu Picasso. Posúe máis de 4000 obras de Pablo Picasso.

Exposicións virtuais:

Outros recursos:

  • Apego, Recursos. Apego é un programa colectivo dos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Neste apartado recóllense cancións, recitados, xogos, vídeos... para os máis pequenos.
  • Canle de Youtube da Rede de Bibliotecas Municipais de Salamanca. Con motivo do Día do Libro, publicaron na súa canle de Youtube varios vídeos que se poderían agrupar nas seguintes categorías: música, contos e cancións, teatro e maxia.
  • Circo do Sol. Ofrece espectáculos gratuítos para desfrutar online.
  • Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano, entre o 6 e o 28 de marzo celebrábase en Pontevedra a XXI edición do salón dedicado ao humor. Ante a cancelación do evento, están a ofrecer contidos a través da web: contos, receitas de cociña, manualidades...

Destacados